Sunday 05 de May de 2024

O Parque Empresarial de Touro conta xa coa nova sinalización


O Parque Empresarial de Touro, ubicado nas proximidades de Fonte Díaz, conta xa cunha nova sinalización. O acceso principal ás instalacións empresariais a través da vía DP-6602 xa ten letreiros indicadores que sinalan a dirección para chegar ao novo parque empresarial. A estrada que leva ata as parcelas tamén está sinalizada. A cuadrilla municipal instalou nas últimas semanas a sinalización dunhas infraestructuras que contan cunha superficie total de 52.755 metros cadrados, do que o 55,74 por cento (uns 29.405 metros cadrados) é solo industrial. As zonas verdes son 10.397 metros cadrados, arredor do 20 por cento do parque. Pola súa banda os aparcamentos ocupan 1.682 metros cadrados; o uso dotacional, 1.347 metros cadrados; e a rede viaria, 9.925 metros cadrados (18,81 por cento do total do parque).

O Parque Empresarial de Touro xa ten unha empresa que traballa nas súas propias instalacións. O Concello de Touro anima as empresas que estén interesadas en ubicarse nas instalacións do Parque Empresarial de Touro a coñecer a nova infraestructura, que xa está urbanizada, con todas as dotacións e accesos e lista para recibir ás empresas que queiran instalarse.